Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un Deportivo nun bo momento afronta a difícil visita a Xetafe

Un Deportivo nun bo momento afronta a difícil visita a Xetafe

O partido comeza ás 18:30 h no Coliseum

G24.gal 13/09/2026 14:10

Ao Deportivo tócalle esta tarde visita ao dentista. Así definen moitos os partidos contra o Xetafe. O bo inicio ligueiro dos coruñeses pasará unha dura proba no Coliseum ante os de Bordalás.

Eloxios de Antonio Hidalgo para o técnico dun Xetafe con só catro puntos e que acumula ata cinco baixas importantes. Dificultades para un Bordalás consciente das complicacións que vai ter o seu equipo ante o Deportivo.

O Deportivo conta cos suficientes efectivos como para agardar algunha variación no seu once. Podería entrar Casadó ou quizais un Yeremay que vai aumentando pouco a pouco a súa participación nos partidos.

Todos poden ter a súa oportunidade nesta intensa semana de tres partidos ante o Xetafe, o Sevilla e o Betis antes da parada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade