Publicador de contidos

Publicador de contidos

Celta e Concello asinan o convenio de Balaídos, que pode chegar aos 75 anos

Celta e Concello asinan o convenio de Balaídos, que pode chegar aos 75 anos

En virtude do convenio, o Celta explotará o campo, que tamén acollerá eventos

G24.gal 13/09/2026 14:24

Esta mañá asinouse o convenio para a concesión do estadio de Balaídos ó club celeste. Un acordo histórico, por 50 anos, prorrogables a 75. Acordo entre o club e o concello de Vigo, que se materializaba este mediodía coa sinatura de Marián Mouriño e Abel Caballero.

O Celta xestionará en exclusiva o estadio e os locais. No mesmo acto inaugurouse tamén a sala de presidentes e o busto de Pepe Var, que estaba na vella bancada de gol. Unha bancada, por certo, que podería estar rematada a comezos de xaneiro, lista para o derbi co Deportivo.

A partir de aí Balaídos tamén será escenario para outros eventos, como resaltaba Marián Mouriño: "Este estadio non so vai gozar dos días de partido, senón que a cidade vai poder gozar tamén de eventos".

Para o alcalde, Abel Caballero, "hoxe é un día histórico, porque facemos entrega da concesión do estadio, que poderá chegar aos 75 anos. Así que o Celta utilizará este estadio durante o que queda de Século XXI".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade