Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Rácing de Ferrol gaña e segue mirando cara a arriba

O Rácing de Ferrol gaña e segue mirando cara a arriba

Novena xornada consecutiva sen perder, cuarta vitoria consecutiva do cadro departamental, que lle gañou 1-0 o Sanse grazas ao solitario gol de Dani Nieto

G24.gal 27/03/2022 19:17

E na Malata, o Rácing apreta a parte alta da clasificación cunha nova vitoria diante do San Sebastián de los Reyes.

Minuto 72 centro de Héber Pena e cacholada de Dani Nieto que vale tres puntos máis para un Racing que se mantén terceiro logo de nove xornadas sen perder. Un 2022 de ensoño para o cadro departamental.

Na primeira parte tamén dominaron os verdes, que mesmo tiveron nas botas de Joselu a oportunidade de adiantarse no marcador dende os 11 metros. Pero Miguel Bañuz adiviñou as intencións do dianteiro.

O Rácing de Ferrol queda terceiro a dous puntos do Dépor e a 11 do Rácing de Santander.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade