Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Racing cotiza á alza na Primeira Federación

O Racing cotiza á alza na Primeira Federación

Ocupa o primeiro posto da competición logo de sumar 16 de 18 puntos posibles

G24.gal 04/10/2022 21:05

Non hai quen lle tusa ao Racing. Conta cinco vitorias e un empate, malia que só xogou dous deses seis partidos na casa. E non sorprende, porque xa o viña avisando.

Hai que remontarse a mediados de abril para atopar a última derrota dos verdes na Liga regular. Dende entón, doce partidos invicto. E se imos máis atrás comprobaremos que dos últimos vintecatro só perdeu un. Son números de impacto e un liderado do que nin se fala portas adentro.

Asentados na fórmula que os levou á fase de ascenso e reforzados con acerto nos puntos febles, cotizan como o que máis nas quinielas do ascenso. Non é de estrañar que o soño que tronzou o Nástic nunha tarde de xuño en Vigo volva agromar con forza en Ferrol.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade