Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Racing abre contra o DUX a xornada galega da 1RFEF

O Racing abre contra o DUX a xornada galega da 1RFEF

Mañá será a quenda de Deportivo (Talavera) e Celta B (SD Logroñés)

G24.gal 08/01/2022 14:12

Esta fin de semana volve a competición na Primeira Federación logo das vacacións do Nadal, que os galegos gozaron nunha boa situación.

Dentro de apenas media hora, ás 15:45, abre a xornada o Rácing no campo do DUX Internacional. Os de Cristóbal meteron a cabeza nos postos de play off logo da última vitoria diante do Calahorra. Acumulan tres partidos sen perder e queren manter a serie.

Os outros equipos galegos da Primeira Federación compiten o domingo. O líder, o Deportivo, buscará comezar o ano exactamente igual que como rematou o anterior. Con 11 xornadas seguidas sen perder e coa fichaxe de Álvaro Rey, Borja Jiménez comeza o 2022 exultante.

O rival que visita Riazor e un Talavera dubitativo, que marca o límite da zona de permanencia. O técnico avisa.

Precisamente fronte ao rival do Deportivo, o Talavera, chegara o último triunfo en liga do Celta B. Foi en Barreiro, o pasado día 12. Na casa é onde ser está facendo forte o equipo de Onésimo, que sumou sete dos últimos nove puntos ao abeiro do seu público. Ten unha boa oportunidade para mellorar esas cifras. nesta xornada terá enfronta a Sociedade Deportiva Logroñés, un equipo que acumula seis partidos sen vitorias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade