Publicador de contidos
Publicador de contidos

O R. Madrid leva o clásico no Camp Nou por 1-2

O R. Madrid leva o clásico no Camp Nou por 1-2

G24.gal 26/10/2021 16:12

Ancelotti chegou de traxe e gravata, garboso e sen remorsos para xogar ao pica, pica. Entregaron os brancos o balón e o Barça picou en óso na defensa do Madrid, auxiliada pola mingua de gol culé que Serginho Dest demostrou de maneira sobranceira neste erro a porta franca.

Os brancos, ao máis puro estilo Muhamad Alí, flotando como a bolboreta para picar coma abella, sentencian medio partido na apertura de Vinicius para Rodrigo. Por diante, a opción Benzema á dereita e Alaba á esquerda, balón ao defensa e batedura leva charamuscas no coiro ata arrefrialo na rede.

Virtude grande cando o rival non acerta a facer dano e ti sementas o pánico en cada chegada. O remate de Kroos como alegación do teu potencial e a balsosa de Ansu Fati pisando área para xogaren nun guiso e como individual que conduce á nada.

O bufo neerlandés de impotencia que Lucas Vázquez, transmutado no Cassius Clay branco de Curtis, xustificou sobordando ao Barcelona no minuto tres do desconto. Asensio mete a navallada en sociedade co galego que chega máis rápido a recoller o refugallo de Ter Stegen.

Para o Barça quedou a estrea do Kun Agüero como goleador no último alento do partido, e cando as diferenzas actuais entre os dous grandes do noso fútbol son máis de forma ca de fondo. Ou dás ou levas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade