Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Proxecto Nós de Intelixencia Artificial ao servizo do galego entra na súa segunda fase

O Proxecto Nós de Intelixencia Artificial ao servizo do galego entra na súa segunda fase

Inxéctanse 600.000 euros máis para prototipos de síntese de voz, recoñecemento da fala ou xeración automática de textos

G24.gal 18/05/2022 14:49

Un novo convenio entre a Xunta, a Universidade de Santiago e a Axencia de Modernización Tecnolóxica permitirá avanzar na creación dos primeiros prototipos de recoñecemento da fala. O obxectivo final desta iniciativa é a total inclusión do galego no mundo dixital e tecnolóxico.

"É necesario fomentar novos usos para a lingua, o galego ten que estar presente no mundo dixital. De non ser así correría o risco de entrar en dinámicas moi prexudiciais, sobre todo para as persoas máis novas", di o conselleiro de Cultura Román Rodríguez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade