Publicador de contidos

Publicador de contidos

O prototipo español de bus lanzadeira autónomo e eléctrico é patente galega

O prototipo español de bus lanzadeira autónomo e eléctrico é patente galega

Primeiras probas do shuttle autónomo 100 % eléctrico do CTAG

É un bus lanzadeira de patente galega, o primeiro deseñado en España
 

Primeiras viaxes de proba en Arteixo dun prototipo de 'shuttle' eléctrico
G24.gal 19/08/2022 14:53

Había tempo que Galicia estaba no pelotón de saída deste tipo de proxectos e acaba de demostralo. Hoxe saíu á rúa por primeira vez para realizar probas un prototipo de bus lanzadeira totalmente eléctrico e autónomo grazas á conectividade que lle permite a tecnoloxía 5G

"E iso, por exemplo, permítelle contornos complexos, urbanos comunicarse cos semáforos para adaptar a súa velocidade ou para pedir prioridade incluso permite poder ter un acceso e un control en caso de necesidade, remoto", informa Francisco Sánchez, director de Electrónica e Sistemas Intelixentes de Transporte do CTAG.

Será nun futuro unha nova solución para complementar a mobilidade dunha forma máis eficiente. O concello de Arteixo asinou un acordo de colaboración co CTAG para probalo en campo real.

 "Estivemos traballando en pistas de proba pechadas e agora o que toca é seguir avanzando e seguir desenvolvendo a tecnoloxía e sobre todo tamén entendendo cales son as necesidades dos usuarios", continúa o director do CTAG

E é que calquera persoa ata un máximo de 12 por viaxe poderá subir e achegar tamén información útil.

"A partir das 3 da tarde xa vai estar accesible ao público que queira un pouco pois facer esta primeira viaxe", explica Carlos Calvelo, alcalde de Arteixo.

Arteixo ten moito interese neste tipo de vehículos para complementar o transporte interparroquial e para dar servizo ás praias.

"Un obxectivo prioritario era poder conectar o centro de Arteixo coas praias de Arteixo e nese senso si que este tipo de vehículos eu creo que cobre ese requisito para que a xente poida  non traer o vehículo privado á praia e pode acceder por un transporte público", apunta Carlos Calvelo, alcalde de Arteixo.

Nesta primeira viaxe quixeron probar tamén a accesiblilidade que o shuttle lles ofrece ás persoas con mobilidade reducida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade