Publicador de contidos

Publicador de contidos

O primeiro trail da Costa da Morte: 18 km polo espectacular Camiño dos Faros

O primeiro trail da Costa da Morte: 18 km polo espectacular Camiño dos Faros

A carreira comezou en Punta Nariga e rematou en Malpica

G24.gal 17/07/2022 16:57 Última actualización 17/07/2022 18:02

Desde Punta Nariga ata Malpica: 18 kilómetros de percorrido por un dos treitos de costa máis fermosos de Galicia 

“Pode ser dura, con moito sobe e baixa, pero tamén moi bonita”

"VaI estar a pedra mollada polo orballo. A desfrutar e non levar un golpe." 

25 corredores tomaron a saída na primeira edición do Trail da Costa da Morte, unha carreira que transcorre por unha das etapas do Camiño dos Faros.

Para Malpica e para Costa da Morte, ten un potencial turístico e económico tremendo e temos que coidalo. Esperamos que perdure no tempo", asegura Alfredo Cañizo, concelleiro de Turismo de Malpica.

Un percorrido moi esixente fisicamente, con grandes desniveis e cun terreo moi rochoso.

É unha carreira dura, porque é de moita velocidade, e hai que coidar a hidratación pola humidade”

"Os primeiros tres quilómetros foron duros, pero logo xa se empezou a desfrutar."

Nunha hora e 34 minutos chegaba á meta o primeiro clasificado, o atleta Francisco González. 

"Encontreime estupendamente. Viña para facer entre unha hora cincuenta e dúas horas dous, pero encontreime estupendamente e fun tirando a morte ata chegar primeiro", explica o gañador.

Na categoría femenina o mellor tempo foi para Belén Otero, que  completou o percorrido en pouco máis de dúas horas.

“Tiña que vir máis xente porque é un pecorrido moi bonito, e deberíanse facer máis percorridos polo camiño dos faros, que son 8 etapas e todas son fermosísimas, comenta Belén Otero.

A pesar da dificultade, tódolos atletas coinciden en que a experiencia pagou a pena. O reto da organización é consolidar o Trail da Costa da Morte para convertelo nunha das carreiras máis importantes deste tipo en Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade