Cargando resultados...
O primeiro partido no Gatañal sae cruz para o Cangas nun último minuto tolo
Triunfo do Logroño por 29-30, cun gol no último segundo
G24.gal
22/09/2024 20:30
Tras o valioso empate na pista do Valladolid, o Cangas Frigoríficos do Morrazo estreábase na casa esta temporada diante do Logroño. O cadro visitante, un dos equipos importantes da Asobal, foi sempre por riba no marcador desde o primeiro minuto.
Chegaron ao descanso cunha diferenza mínima dun gol (16-17). Na segunda metade o Cangas mantívose no partido e chegou a poñerse por diante no marcador a dous minutos do final cun 29-28. O Logroño empatou e o porteiro galego do cadro rioxano Xoán Ledo evitou a vitoria do Cangas detendo un lanzamento de Hansen. Quedaban 34 segundos e Álvaro Preciado aproveitou para marcar desde nove metros o gol que lle daba a vitoria a dous segundos do remate.