Publicador de contidos

Publicador de contidos

O prezo do gasóleo e a gasolina marca un novo récord por terceira semana consecutiva

O prezo do gasóleo e a gasolina marca un novo récord por terceira semana consecutiva

A gasolina sitúase por encima do seu prezo récord de 1,558 euros o litro, mentres que o gasóleo supera nun 1,2 % o seu máximo anterior de 1,445 euros

G24.gal 17/02/2022 11:22

A gasolina marcou un novo récord, por terceira semana consecutiva, tras subir un 1,1 % no últimos sete días, mentres que o gasóleo encareceu un 1,3 %, para bater o máximo histórico vixente desde setembro de 2012.

Segundo os datos difundidos este xoves polo Boletín Petroleiro da Unión Europea, a gasolina véndese esta semana en España a unha media de 1,575 euros o litro, mentres que o gasóleo o fai a 1,462 euros.

Tras estas novas subidas, a gasolina sitúase por encima do seu prezo récord de 1,558 euros o litro mentres que o gasóleo supera nun 1,2 % o seu máximo anterior de 1,445 euros. 

Encher un depósito medio de 55 litros con gasolina custa preto de 87 euros, mentres que con gasóleo supera os 80 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade