Publicador de contidos

Publicador de contidos

O prezo da luz baixa un 3 % pero segue por riba dos 200 euros o megawatt hora

O prezo da luz baixa un 3 % pero segue por riba dos 200 euros o megawatt hora

A electricidade custa un 79 % máis ca o domingo pasado

O prezo máximo pagarase entre as 19:00 e as 20:00 horas

G24.gal 16/01/2022 08:19

O prezo da electricidade no mercado almacenista (pool) cae este domingo preto dun 3 % ata situarse nos 213,1 euros o megawatt hora (MWh), segundo os datos do Operador do Mercado Ibérico da Electricidade (OMIE).

Malia o descenso, é un 79 % máis cara ca o domingo pasado, e multiplica por máis de tres o importe que marcou o pool hai xusto un ano (67,72 euros), tras o paso da tormenta Filomena.

Ademais, o prezo deste domingo, día no que diminúe a actividade económica e a demanda enerxética é menor, volve superar a barreira dos 200 euros/MWh por sétimo día consecutivo. Este valor alcanzouse en preto do 80 % dos días de decembro e en 10 das 16 primeiras xornadas de xaneiro.

Franxas horarias

Por franxas horarias, o prezo máximo (265,36 euros/MWh) rexistrarase entre as 19:00 e as 20:00 horas e o mínimo, de 186,6 euros/MWh, pagouse entre as 5:00 e as 6:00 da mañá.

No que vai de mes, o prezo da electricidade sitúase de media nos 186,9 euros/MWh, un 22 % máis barato ca o valor de decembro, o mes máis caro da historia (239,22 euros/MWh), pero un 68 % superior ao prezo medio de 2021 (111,4 euros/MWh), o máis elevado desde que existen rexistros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade