O prezo da gasolina repunta por segunda semana consecutiva e o diésel dá un pequeno respiro
Sobe a gasolina nun 0,73 por cento, e hoxe pagámola 1,78 céntimos
O gasóleo retrocede, faino por terceira semana consecutiva e queda en 1,93 céntimos
O desconto comezou a aplicarse no mes de abril co prezo do combustible en máximos históricos. De non prorrogalo, tal e como estuda o Goberno central, para moitos non sería posible empregar o coche.
Buscar outras alternativas non sempre é posible.
Para os transportistas a bonificación é imprescindible e confían en que o Goberno a manteña para eles a partir do 31 de decembro.
A suspensión da medida afectaría tamén aos condutores portugueses que cruzan a fronteira para encher o depósito.
Fan cálculos para ver se lles seguiría compensando.
A gasolina segue a tendencia ascendente e sitúase nun euro con setenta e oito céntimos, mentres que o gasóleo suma a terceira semana de descenso e retrocede ata 1,93 céntimos por litro.
Recórtase a diferenza entre a gasolina e os combustibles, que queda en quince céntimos.