Publicador de contidos

Publicador de contidos

O prezo da enerxía e dos combustibles encarece a cesta da compra

O prezo da enerxía e dos combustibles encarece a cesta da compra

Segundo un estudo da OCU, a maior parte dos produtos básico subiron nos últimos 6 meses

Algúns, como as pastas ou a margarina, chegaron a incrementar o seu prezo en máis dun 20 por cento

G24.gal 03/12/2021 14:32

Encher a cesta da compra é hoxe máis caro que hai seis meses. Constátao un estudo da Organización de Consumidores e Usuarios, que atribúe ao prezo da electricidade e dos combustibles esta suba dos produtos básicos. A pasta ou a margarina son dos que máis encareceron, por riba do 20 por cento. Séguelle o leite, os ovos ou a carne de tenreira e polo, arredor do 10 por cento. 

Dende a OCU advirten de que esta tendencia á alza vai manterse e mesmo se estenderá a máis produtos se continúa nestes niveis a enerxía e os combustibles. Aconsellan comparar prezos e optar por produtos de tempada e de proximidade para intentar aforrar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade