Publicador de contidos

Publicador de contidos

O prestixio da medicina galega contribúe a reavivar o turismo de congresos

O prestixio da medicina galega contribúe a reavivar o turismo de congresos

Estes días cadran en Santiago tres congresos médicos con máis de 1.000 asistentes

G24.gal 26/05/2023 15:03

O turismo de congresos recobra forzas en Galicia, tras ser un dos sectores aos que máis lles custou retormar a normalidade tras a pandemia. Os congresos médicos, que adoitan ser os máis numerosos, son tamén os que deixan máis impacto económico nas cidades onde se celebran. En especial, en Santiago de Compostela.

A tradición centenaria da universidade, en especial da Facultade de Medicina, unida á calidade recoñecida dos profesionais sanitarios e ao pulo da investigación biomédica, están situando Santiago como un dos lugares máis prezados para organizar congresos médicos.

De feito, hoxe mesmo desenvólvense aquí tres grandes encontros con máis de 1.000 asistentes. Congresistas que son tamén turistas moi prezados polo sector hostaleiro. Trátase dun turismo desestacionalizado e que ten un alto poder adquisitivo.

"Veñen en temporada non alta, non masifica, repiten, teñen un alto nivel de ingresos, eu creo que é un turismo perfecto", explica Belén Montero, directora do Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia.

No Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia pecharon xa 2022 con moita actividade no último trimestre. E teñen xa unha axenda ben completa para o próximo outono-inverno.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar