Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PPdeG coloca a Paula Prado á fronte do comité de campaña das próximas eleccións

O PPdeG coloca a Paula Prado á fronte do comité de campaña das próximas eleccións

Así o anunciou Alfonso Rueda esta mañá no comité de dirección dos populares en Galicia

G24.gal 22/12/2023 16:16

Paula Prado é a elixida polo PPdeG para estar á fronte do comité de campaña das futuras eleccións autonómicas, co propósito de facer campaña en positivo e falando dos intereses e dos problemas de Galicia.

"As eleccións son para decidir que vai dirixir Galicia nos próximos catro anos, polo tanto son os problemas de Galicia, os intereses de Galicia, e certo que conectados con todo o demais e coa situación nacional, pero o comité de campaña vai traballar pensando que eliximos o futuro de Galicia", comentou Alfonso Rueda no comité de dirección do PPdeG

O presidente da Xunta cualificou de "mercadeo" a oferta de Sánchez dun réxime fiscal propio para Cataluña a cambio de non facer referendo de independencia.

"Sería o quebrantamento total do sistema de solidariedade, e do sistema de funcionamento autonómico do que nos botamos, se Pedro Sánchez está pensando en ceder a isto é para botar as mans á cabeza, e gustaríame saber o que pensan os partidos da oposición 'cuadripartita'".

Rueda finalizou sinalando que o principal da oposición 'cuadripartita' é Pedro Sánchez, xa que prometen o mesmo modelo que el aplica en España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade