Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PP propón facer descontos a particulare e pemes que aforren no consumo de luz e gas

O PP propón facer descontos a particulare e pemes que aforren no consumo de luz e gas

A medida fai parte do Plan de rescate enerxético para familias e empresas que o PP lle enviou ao Goberno

G24.gal 12/09/2022 21:04

O Partido Popular propón facer descontos nas facturas de luz e gas a particulares e pemes que aforren no consumo. Esta é unha das medidas do Plan de rescate enerxético para familias e empresas que Núñez Feijóo lle enviou por carta ao presidente do Goberno.

Os populares tamén propoñen a prolongación da vida útil das centrais nucleares ou a redución dos impostos enerxéticos. A bonificación por aforrar no consumo poderían alcanzar un importe conxunto de 2.900 millóns, segundo os cálculos dos populares.

"O aforro podería rozar os 2.900 millóns. Se nós analizamos isto, parece claro que se reducimos o consumo actuamos sobre a demanda. Rebaixando a demanda actuaremos sobre o prezo da luz. Se rebaixamos o prezo da luz, estaremos actuando directamente sobre a economía e sobre a inflación porque a enerxía xa demostrou que non é só o recibo da luz senón que ten un efecto en fervenza non conxunto da economía", di Juan Bravo, vicesecretario de Economía do PP.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade