Rueda pide apoio para Feijóo e que Galicia sexa "o motor do cambio"
Díxoo nun acto en Sanxenxo onde o Partido Popular recoñeceu os exalcaldes e exconcelleiros do partido na pronvincia de Pontevedra
Entre os homenaxeados estiveron Mariano Rajoy e o propio Alfonso Rueda
Nun acto de homenaxe que o Partido Popular tiña previsto dende hai tempo pero que agora adquiriu aires de precampaña, Alfonso Rueda pediu que Galicia sexa o motor do cambio: "aproveitemos toda a forza e confianza que saen de aquí para seguir facendo as cousas ben. Todo o mundo ten moita esperanza en que sexamos o motor do cambio que España necesita"
Rueda solicitoulle aos populares apoio para Alberto Núñez Feijóo.
"Creo que Feijóo o merece porque foi presidente de Galicia e porque nos coñece moi ben e porque e puxo á fronte dun reto e merece todo o apoio do mundo. Polo que fixo, polo que ten por diante e polo que vai facer".
Máis de 1500 persoas asistiron ao acto de recoñecemento aos 152 exalcaldes e 2600 exconcelleiros do Partido Popular na provincia de Pontevedra dende as primeiras eleccións locais celebradas no 1979. Entres os homenaxeados tamén estaban Mariano Rajoy e Alfonso Rueda.