Publicador de contidos

Publicador de contidos

Zahra Al Mansouri, unha muller para afrontar os desafíos de Marrocos

Zahra Al Mansouri, unha muller para afrontar os desafíos de Marrocos

Un país a dúas velocidades, cun destacado crecemento económico e grandes desigualdades 

 

G24.gal 17/10/2026 15:30 Última actualización 16/10/2026 19:08

 A crise migratoria de Ceuta puxo en evidencia a realidade de Marrocos, un país a dúas velocidades. Goza de certa estabilidade política e duns niveis de desenvolvemento económico notable. Pero amplos sectores da sociedade quedan á marxe dese progreso, descontentos e sen outra saída que a da emigración.

A desigualdade social é un dos principais desafíos a superar polo novo goberno de coalición marroquí, liderado por primeira vez por unha muller. A elección de Fátima Zahra Al Mansouri, cualificada de fito histórico por Mohamed VI, interprétase como un xeito de contentar a amplos sectores da poboación que non se ven representados na política marroquí.

En política exterior chega nun momento de tensións coa Unión Europea e en particular co seu principal socio comercial, España. E con Marrocos afianzando o seu achegamento á administración Trump e converténdose da man dos Estados Unidos no país árabe con mellores relacións con Israel.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos