Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PP denuncia un ataque ás súas sedes de Lalín e Sada

O PP denuncia un ataque ás súas sedes de Lalín e Sada

O local do PP en Lalín apareceu con pintadas en vermello e verde na súa fachada, mentres que o de Sada foi 'vandalizado' con adhesivos

Sede do PP en Lalín Sede do PP en Lalín
G24.gal 17/02/2026 17:12

O PPdeG denunciou este martes un ataque ás súas sedes, tras a "vandalización" dos seus locais en Lalín (Pontevedra) e Sada (A Coruña), con pintadas e adhesivos.

A través dun comunicado, o PP acusou a esquerda galega de estar detrás deses actos.  

O local do PP en Lalín apareceu con pintadas en vermello e verde na súa fachada, mentres que o de Sada foi 'vandalizado' con adhesivos.

O PPdeG tamén denunciou que un dos seus concelleiros en Lalín, Avelino Souto, recibiu "numerosos insultos" en redes sociais nas últimas horas, con mensaxes que o cualificaban como "imbécil" ou "paiaso", e ameazas ("respóndeme se tes ovos") por parte supostamente "dun simpatizante do BNG.

"Onde está o límite?", cuestionaron desde as filas 'populares' e pediron a BNG e PSdeG que condenen os feitos porque, se non o fan, din,  serán cómplices.

Finalmente, apuntaron que este mércores se debaterá na Comisión 1ª do Parlamento unha proposición non de lei relativa á condena deste tipo de actos vandálicos cometidos contra sedes do PPdeG e doutras formacións políticas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade