Cargando resultados...
O PP de Poio convoca unha protesta contra o aumento de impostos municipais
Os participantes percorreron a localidade nos seus turismos
G24.gal
06/02/2022 13:23
Convocados polo Partido Popular, os participantes denunciaron o que consideran unha suba inxustificada de impostos promovida polo goberno tripartito.
Ducias de turismos percorreron a localidade nunha manifestación sonora facendo soar os claxons dos seus coches e con pancartas que recollían os lemas da marcha.
Criticaron, ademais, o aumento da débeda do concello que, segundo os seus cálculos, ascende a 9 millóns de euros.