Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Porriño esquece a liga para xogar todas as cartas na final da EHF European Cup

O Porriño esquece a liga para xogar todas as cartas na final da EHF European Cup

Coa eliminatoria diante do Elxe moi costa arriba dosificou a todas as titulares e caeu na volta dos cuartos de final (19-30)

G24.gal 14/05/2025 21:35

O Conservas Orbe Zendal Porriño só ten ollos para a volta da final da EHF European Cup, partido que xogará esta fin de semana en Islandia diante do Valur (29-29 na ida). Despois de facer un bo torneo ligueiro e ter vantaxe de campo na eliminatoria contra o Elxe, os caprichos do calendario meteron a eliminatoria entre os dous partidos da final europea e a atención non puido ser a axeitada. 

Isma Martínez reservou boa parte das titulares e o parcial de inicio dun Elxe, que xa gañara na ida por once goles, resultou contundente: 0-6. A partir de aí o equipo alacantino xogou con moita tranquilidade diante dun Porriño que en ningún momento apertou o acelerador. Ao descanso o marcador deixábanos un 6-15 e a diferenza chegou a estar bastantes minutos do segundo tempo por riba dos 10 goles. O resultado final foi de 19-30. 

O Elxe será o rival do Mecalia Guardés na eliminatoria de semifinais que comezará o vindeiro mércores. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar