O Porriño xoga en Reikiavik o partido máis importante da súa historia (sábado, 17h, G2)
Enfróntase ao Valur islandés co título en xogo da EHF European Cup logo do empate (29-29) do partido de ida no Porriño
Palomino: "Oxalá teñamos as boas sensacións da 2ª parte da ida"
O Conservas Orbe Zendal disputa a final da European Cup logo do empate a 29 no Porriño. Eliminatoria totalmente igualada ante o Valur que intentará explotar o factor campo para sentenciar na súa casa. Un equipo da Televisión de Galicia acompañou a expedición porriñesa pola cidade de Reikiavik. Hai confianza, sensacións positivas e un recibimento particular. Houbo brincadeiras para Ana Palomino cando atendía a Xosé Manuel Moldes, tamén tivo tempo para falar da final.
"Boas sensacións da ida. Toma de contacto ao principio, bo nivel despois".
"Oxalá teñamos as boas sensacións da 2ª parte".
O venres pola tarde o equipo fixo o último adestramento no escenario do encontro. O sábado será un día para a historia no Porriño. Remata un ciclo no último partido da temporada e vai ser a cita máis importante de toda a historia do cadro porriñés (ás 17:00 horas, na G2 e Agalega.gal)