Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Porriño e o Guardés tiran proveito dos tropezos dos seus rivais

O Porriño e o Guardés tiran proveito dos tropezos dos seus rivais

Vitorias galegas e derrotas de Málaga, Bera Bera e empate do Granollers

G24.gal 02/03/2025 10:54

Xornada perfecta para os dous equipos galegos da Liga Guerreras de balonmán. O Mecalia Guardés e o Conservas Orbe Zendal Porriño gañaron os seus partidos e tiraron proveito das derrotas sorprendentes de Málaga, Bera Bera e o empate do Granollers. O Guardés pasa a ter seis puntos de vantaxe na primeira posición e o Porriño iguala co Bera Bera na loita polo terceiro posto. 

Non foi un triunfo doado o do Guardés contra o A Rioxa (27-25). Comezou moi mal o partido (6-9) pero parecía remendalo no descanso (14-11). Na segunda parte chegou a ter o conxunto galego seis goles de diferenza (20-14) pero acabou sufrindo moito o Guardés que entrou nos últimos cinco minutos cun só gol de vantaxe. 

O Porriño sumou a terceira vitoria consecutiva contra o Aula de Valladolid (31-28). Tamén foi un partido de alternativas cun bo comezo do Porriño (9-5). O Aula fixo un parcial de 0-5 (9-10) mais ao descanso volvían a mandar as porriñesas por 15-12. No segundo tempo a diferenza mantívose entre os 4-5 goles grazas a un ataque moi coral do conxunto galego. Casasola (5 goles), Valles, Barros, Samartín e Laguna (4) estiveron moi atinadas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade