Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Mecalia Guardés volve apelar á Sangriña para estar na final da liga (26-22)

O Mecalia Guardés volve apelar á Sangriña para estar na final da liga (26-22)

Perdeu na pista do Elxe e terá que remontar a eliminatoria no encontro de volta que se xogará o domingo

G24.gal 21/05/2025 21:24

O Mecalia Guardés terá que remontar no partido de volta das semifinais na pelexa polo título da Liga Guerreras Iberdrola. Caeu o cadro do Baixo Miño por 26-22 diante do Elxe.

A primeira metade resultou moi igualada. A única vantaxe que tivo o Mecalia foi ao comezo do partido (2-3) pero o Elxe non conseguiu marchar en ningún momento malia o acerto de Oppedal e Kelly Rosa. Un gol no último segundo deulle a máxima vantaxe ao conxunto local xusto antes de marchar ao tempo de lecer (14-11). 

Acendíanse as alarmas ao pouco de comezar a segunda parte (17-12) pero reaccionaron as galegas para poñerse a só dous goles (18-16). O marcador foise movendo entre os dous e catro goles de diferenza a prol do Elxe que volveu a chegar á máxima diferenza cun 25-20. O Mecalia encadeou un parcial de 0-2 e tivo dous lanzamentos para rematar a só dous goles de diferenza pero un último tanto ilicitano a dez segundos do final de Kelly Rosa (7 goles en total para a brasileira) puxo o resultado no definitivo 26-22. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade