Publicador de contidos

Publicador de contidos

O VAR alporiza os ánimos do adestrador do Celta Fortuna: "É unha bazofia"

O VAR alporiza os ánimos do adestrador do Celta Fortuna: "É unha bazofia"

As constantes intervencións no treito final do partido entre o filial celeste e o Ourense Club de Fútbol provocaron que Fredi Álvarez estoupase

O gol anulado a Zakaria no Málaga-Deportivo tamén provocou as queixas do cadro coruñés

G24.gal 13/10/2025 12:46

Unha xornada máis o VAR foi protagonista da xornada do fútbol galego. Nun caso, o do adestrador do Celta Fortuna, serviu como a gota que rebordou o vaso. "É unha bazofia" asegurou Fredi Álvarez ao final do partido entre o filial celeste e o Ourense Club de Fútbol despois de que o colexiado do partido revisase cinco xogadas nos últimos 21 minutos e se perdesen máis de dez minutos de xogo e moita continuidade. "Enfada a todo o mundo e a xente acabará deixando de vir ao fútbol". 

Outra das accións polémicas da fin de semana foi o gol anulado a Zakaria Eddhachouri no partido entre o Málaga e o Deportivo. Máis aló do resultado (3-0) houbo moita discrepancia sobre a revisión de xogada. O analista arbitral do En Xogo, Xavier Rodríguez Campos, considera que "pode ser falta pero non é dabondo clara para que o VAR interveña". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar