Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Porriño tropeza na casa diante do Zuazo logo dun mal segundo tempo (23-23)

O Porriño tropeza na casa diante do Zuazo logo dun mal segundo tempo (23-23)

As galegas tiveron tres oportunidades para marcar na última xogada do partido

Ao descanso dominaban 15-10 pero pagaron un mal segundo tempo

G24.gal 03/02/2023 22:06 Última actualización 03/02/2023 22:28

O Conservas Orbe Rubensa Porriño volveu á realidade ligueira cun empate que manifesta o momento de dúbidas polo que pasa o equipo despois da eliminación copeira. O Zuazo, sumido nunha grave crise deportiva e institucional, acabou empatando 23-23.

O primeiro tempo foi de dominio claro galego que acadou de contado vantaxes de tres goles. Ao descanso o marcador era de 15-10 cunha Paulina Buforn moi inspirada en ataque achegando máis do 50 % dos goles do seu equipo (8 goles). 

Na segunda parte o Zuazo apertou o marcador grazas á grande actuación da súa porteira (15-14) e conseguiu igualar a falta de dez minutos para o final (20-20). Os últimos ataques foron un toma e daca con tres vantaxes para o Porriño respondidas polo Zuazo. A última xogada foi unha tripla parada da porteira visitante que impediu o triunfo porriñés. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar