Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Porriño asalta a Sangriña (15-20) e métese nas semifinais da Liga

O Porriño asalta a Sangriña (15-20) e métese nas semifinais da Liga

O equipo de Isma Martínez cítase co Bera Bera na semifinal

O Guardés queda eliminado, aínda coa European Cup e a Copa da Raíña como obxectivos

G24.gal 03/05/2026 11:43

Logo dunha primeira metade igualada, a segunda foi dominada de principio a fin polas xogadoras porriñesas. Carmen Prelchi, con seis goles no segundo tempo foi a peza chave do seu equipo.

As xogadoras do Mecalia marcaron o seu primeiro gol no segundo tempo no minuto 14. Se cadra, as outras competicións nas que o equipo de Ana Seabra aínda está vivo pasaron factura.

As súas xogadoras son ambiciosas e non renuncian nin a Europa nin a Copa da Raíña.

Para Isma Martínez, conseguir meter o seu equipo nas semifinais a poucas semanas de deixa-lo proxecto non é cousa menor.

Serán contra o Bera Bera. De momento, Conservas Orbe Zendal xa está entre os catro mellores equipos de España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade