Cargando resultados...
O Porriño amplía a ocupación do seu pavillón en 400 asentos para a final da Copa Europea
Cinco días antes da disputa do encontro, o BM Porriño xa vendeu 1.200 entradas para xogar ante o Valur islandés

G24.gal
05/05/2025 13:45
Última actualización 05/05/2025 13:47
O BM Porriño decidiu ampliar a ocupación do seu pavillón coa instalación dunhas bancadas supletorias para o partido de ida da final da Copa Europea que disputará o vindeiro sábado contra o Valur islandés.
A alta demanda de entradas para este histórico partido motivou que a directiva que preside Abel Estévez decidise ampliar a ocupación en 400 localidades, polo que o pavillón municipal alcanzará os 2.000 asentos na primeira final europea na historia do club.
A cinco días da disputa do encontro, o BM Porriño xa vendeu 1.200 entradas, ademais de ceder outras 70 ao equipo islandés para os seus afeccionados