O Pontevedra volve exhibirse en Pasarón (5-0) diante do Guijuelo
O Pontevedra volve exhibirse en Pasarón (5-0) diante do Guijuelo
Aos doce minutos marcaran Rufo e Yelko
Samu Mayo foi expulsado no 42 e en inferioridade os de Yago Iglesias marcaron tres goles
O Pontevedra goleou por segundo partido seguido en Pasarón. Contra o Langreo gañara por 6-0 e diante do Guijuelo logrou un 5-0. Foi unha entrada no partido maxistral con dous pases de Chiqui culminados por Rufo e Yelko.
O Guijuelo era un xoguete nas mans dun Pontevedra que non veu atrás nin coa expulsión de Samu Mayo no 42. Na última xogada do primeiro tempo Chiqui culminou un gran contragolpe para poñer o 3-0.
Na segunda metade arriscou o Guijuelo para tentar a remontada pero apenas xerou ocasións na porta de Edu. Contra o final foi Álex González, que entrara no segundo tempo, o que acertou en dúas ocasións para redondear o resultado.