Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Pontevedra perdoa a goleada pero recupera o liderado (2-0)

O Pontevedra perdoa a goleada pero recupera o liderado (2-0)

Carlos López e Dalisson anotaron os goles da vitoria pontevedresa

No segundo tempo os de Yago Iglesias malgastaron un feixe de oportunidades

G24.gal 07/04/2024 19:09

O Pontevedra recupera a primeira posición na 2ª RFEF despois de gañarlle ao Covadonga e aproveitar os empates de Ourense C.F. e do Zamora nos partidos adiantados ao sábado. Os goles de Carlos López, ao final do primeiro tempo, e de Dalisson, no inicio do segundo, decidiron. 

Custoulle aos de Yago Iglesias xerar perigo diante da portería asturiana. De feito, a mellor ocasión do primeiro tempo foi un remate ao pau de Ariel Herrero para os visitantes. Pero nunha das últimas xogadas Charly aproveitou un pase perfecto de Dalisson para marcar o gol. 

E á volta do vestiario Dalisson marcaba un auténtico golazo logo dun pase de Chiqui. Ese segundo gol acabou coa resistencia do Covadonga que viu como o Pontevedra acumulaba unha manchea de oportunidades ata o final do partido. O desacerto de Rufo impediu unha goleada, aínda que o traballo xa estaba feito. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade