Cargando resultados...
O Pontevedra perde un enfrontamento directo en Salamanca (1-0)
O Pontevedra perde un enfrontamento directo en Salamanca (1-0)
Decidiu un gol solitario de Óscar Sanz á volta do descanso
Unionistas foxe a catro puntos dos granates
G24.gal
14/01/2023 22:18
O Pontevedra apañou unha derrota no Reina Sofía ante un rival directo, Unionistas. O único gol do partido chegou á volta do descanso. Marcouno Óscar Sanz. O equipo salmantino colócase co triunfo con 22 puntos, catro máis ca un Pontevedra que está en posto de descenso.