O Pontevedra perde en León e non logra saír da súa crise
Decidiron os goles de Roberto Alarcón e Trigueros
O Pontevedra non rematou a portería ata o minuto 88
Novena xornada e novena aliñación diferente. Con Seoane e Bastos nas bandas e Rufo arriba. Partido imoperante do Pontevedra en León, bloqueado sempre pola presión da Cultural. E encontro condicionado por unha falta innecesaria; aí no medio da imaxe, de Churre. Era o minuto 9. Fronte a un equipo da calidade da Cultural, un agasallo. Gol de Roberto Alarcón.
A Cultural dominou con claridade o primeiro tempo. No segundo mellorou o Pontevedra pero nunca lle deu pra ameazar-lo marcador. Noutro erro atrás, chegou o segundo local logo dun córner que cabeceou primeiro Amelibia e acabou por remachar Trigueros. Minuto 58. 2-0 e un dato. O primeiro tiro a porta granate, a primeira opción de relavancia tardou ata o minuto 88, con ese remate de Baquero. Pobre bagaxe, e pobre imaxe a deste Pontevedra.