O Pontevedra perde contra o Badaxoz en Pasarón (1-2)
O Pontevedra perde contra o Badaxoz en Pasarón (1-2)
Logo de rematar o soño copeiro, os de Antonio Fernández volveron á realidade da Liga
A derrota deixa o Pontevedra nos postos de descenso
En Pasarón, derrota do Pontevedra ante o Badaxoz por 2 goles a 1. O un a cero marcouno Adilson no minuto seis logo dun envío do seu propio porteiro. Adilson definiu cun bo golpeo desde preto do punto de penalti.
Empatou para os granates Brais Abelenda no 31. Xusto no momento en que Churre estaba a ser atendido dunha fenda na cara, Brais aparecía nunha acción a balón parado para empurrar o balón no segundo pao.
Pero aos granates volveulles tocar buscar a remontada. Nada máis comezar a segunda metade, marcou David Soto un extraordinario tanto cheo de habilidade e puntería. Os de Antonio Fernández buscaron o empate por todos os medios, pero non estiveron atinados dentro da área, e prexudicounos o estado do céspede de Pasarón. O resultado non se moveu, e o Pontevedra transita na zona de perigo da Primeira Federación.