Publicador de contidos

Publicador de contidos

O pixama gaña terreo para vestirse para as celebracións de Nadal

O pixama gaña terreo para vestirse para as celebracións de Nadal

O Nadal rompe o protocolo e converte a comodidade en nova forma de elegancia 

As redes sociais foron a clave para poñer de moda o pixama con motivos destas festas

G24.gal 16/12/2025 13:58

As redes sociais foron clave para esta nova moda. Xunto ás compras en liña e os anuncios personalizados, popularizaron axiña a idea de celebrar a Noitevella en pixama.

Vémolos nas tendas e nos escaparates, os pixamas con motivos de Nadal son tendencia. 

O canon da elegancia de Nadal reinvéntase. As celebracións deixan de ser tan protocolarias para convertérense nunha reunión máis cómoda cun punto de diversión. 

Pero non todos están dispostos a renunciar ao ritual de amañarse, e para moitos vestirse de gala segue sendo parte esencial do Nadal. 

Tradicións que se transforman e normas que se flexibilizan; o ano despídese mellor cando cada un o pode facer á súa maneira. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade