O pantalón de chándal, unha peza icónica da moda
Este 21 de xaneiro é o Día do Pantalón do Chándal
A peza de vestir que conquistou os grandes deseñadores de moda, que mesmo a subiron á pasarela
"Podería levalo cunha americana ou combinalo con algunha camisa e tamén o dos tacóns paréceme moi boa idea porque ver a punta parece que é moi moderno". "Xa se ve, este, cos brillos, que é para iso, presumir e lucir monísima e cómoda", comentan dúas rapazas.
Era unha peza exclusiva para a actividade deportiva, pero agora é do máis habitual no día a día.
"Que a podes combinar con calquera tipo de calzado, de abrigo, non ten que ser para ir ao ximnasio, nin nada", apunta outra.
Marcaron tendencia famosas e influencers e ás grandes marcas non lles quedou outra que entrar polo aro e mesmo os subiron ás pasarelas.
"Todas as firmas teñen chándais. Esta por exemplo é unha firma que se chama P.A.R.O.S.H. e logo temos Karl Lagerfeld, Donna Karan, JW Anderson...", explica Lucía Santomil, dependenta.
O chándal é sinónimo de comodidade e inspira outros deseños máis formais.
"Este é técnico 100 %, impermeable, non se engurra, ideal para viaxar e despois teñen os cordonciños para axustar a cintura, que iso é un pouquiño de chándal tamén, está un pouquiño baseado niso, si", engade Flora Couselo, dependenta.
Os looks máis sofisticados van gañando protagonismo na rúa, pero non todo o mundo é quen de atreverse.
"Por exemplo con chaquetas de pelo pois si que quedaría ben". "Cunha americana, un chándal máis formal, pero non me atrevo a iso aínda". "Con peza de 'brillibrilli', si, sobre todo de festa que así como máis cómodo para estar si, con tacón si que é un límite que non, non", conclúen varias rapazas.