Publicador de contidos

Publicador de contidos

Jagger o can influencer, agora modelo de Zara

Jagger o can influencer, agora modelo de Zara

O gran danés máis famoso de Culleredo protagoniza unha campaña publicitaria de Zara Kids

O can de Carla Castro ten o seu propio blog en redes con 2.500 seguidores

 

O porte de Jagger chama a atención, con 95 centímetros de cruz e 85 quilos de peso
G24.gal 13/03/2026 14:16

"Non hai día que non me paren nin unha nin dúas, moitas persoas", apunta Carla Castro, dona de Jagger e do Monti Bar.

E é que é dificil non quedar mirando para el.

"O de pasar desapercbido con alguén así ao teu lado é practicamente imposible", continúa .

Ás portas de celebrar o seu cuarto aniversario, Jagger é o can máis famoso de Culleredo. O seu blog canino nas redes sociais arrastra arredor de 2.500 seguidores. Agora a súa sona é maior dende que Inditex o escolleu para protagonizar unha das súas campañas fotográficas.

"Foi para un catálogo que ía para fóra, se non recordo mal, para o continente asiático, e foi aquí na fábrica de armas e a verdade é que se portou xenial, portouse súper, superben, a única péga é iso, as babas. Os nenos creo que se cambiaron 50 veces de roupa", explica Carla.

O seu porte, 95 centímetros de cruz e 85 quilos de peso, contrasta co carácter boíño e amigable.

"É un pachorrento, o que ten de grande teno de bo", comenta unha das empregadas do bar.

Carla, que rexenta un establecemento hostaleiro en que as mascotas tamén poden comer á carta, viviu unha experiencia que non lle importaría repetir.

 "A ver, ao final é unha experiencia que está moi guai, que respectan bastante os tempos de se precisa un descanso, de se necesita comida, de se necesita bebida, entón estivo ben a experiencia e non me importaría repetir e a el creo que tampouco", conclúe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade