Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vestir coa roupa de teu pai é tendencia

Vestir coa roupa de teu pai é tendencia

O dadcore consiste en vestirse con prendas cómodas, funcionais e anticuadas dos maiores da casa

A estética 'dadcore' consiste en vestir coa roupa do teu pai, pero a dos 90
G24.gal 17/03/2026 14:13

Isto xa o fixeron outras xeracións, pero non se puxo tan de moda coma agora. Vestirse coa roupa dos anos 90 significa seguir a estética dadcore. Os que abrazan esta tendencia buscan pezas cómodas, funcionais e anticuadas, e disto sempre hai algo no armario de papá.

"Sinto que é máis, non sei, ten máis personalidade que a de agora". "De feito, as cousas vellas soen gustarme máis". "Esta chaqueta é do meu pai e collinlla porque quería unha chaqueta de cor marrón, e esta é perfecta", comentan varias rapazas.

Esta estética de talle grande dálle un non rotundo á obsolescencia programada e sobre todo dá segundas e mesmo terceiras oportunidades.

 "Collinlle xerseis sobre todo, pero tamén ao meu avó". "Se che gusta e podes aproveitar a roupa dos teus familiares, pois perfecto". "Á parte agora está cada vez máis caro todo, entón é máis fácil collerlle cousas".

Este fenómeno lidérano sobre todo as mulleres da casa.

"Miña irmá sempre, e sobre todo o antigo, o 'vintage'".

Triunfan as camisetas e os xerseis grandes, pero tamén algún pantalón que outro desaparece do armario paterno.

"A ver, a min gústame o tiro baixo, entón pois como me quedan grandes, pois é máis fácil".

Eles, moi no fondo, tamén están encantados de compartir a súa roupa.

"Claro, quéixase porque de repente un día vai ao armario e non atopa o xersei, e xa sabe onde está, está en Santiago, e nada, a fin de semana volve para a casa e xa está, pero, ben, faille graza, supoño".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade