Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Coruña celebra ata o 23 de maio a Galicia Design Week con talleres e exposicións

A Coruña celebra ata o 23 de maio a Galicia Design Week con talleres e exposicións

A cidade converterase nun escaparate e punto de encontro onde profesionais de prestixio e novos talentos mostrarán o poder do deseño como motor cultural, social e económico, a través dunha programación gratuíta na maior parte das súas actividades

G24.gal 14/05/2026 10:50

A Coruña celebra desde este xoves e ata o 23 de maio a sétima edición da Galicia Design Week (GDW), a cita de referencia para a creatividade e o deseño no noroeste peninsular, que se consolidou como o único festival da zona integrado na prestixiosa rede internacional World Design Weeks.

Segundo detallaron este mércores os organizadores, a cidade converterase nun escaparate e punto de encontro onde profesionais de prestixio e novos talentos mostrarán o poder do deseño como motor cultural, social e económico, a través dunha programación gratuíta na maior parte das súas actividades.

Durante estes días haberá conferencias, talleres, música, gastronomía e catro exposicións en seis sedes repartidas pola cidade: Studio Follow, Vavava Haus, Accenture Song (evento en Fundación Barrié), The House by Malasa, Bendita Flor e Restory.

Burr, Costa, Dáme Après Paris, Desescribir, FONDO, FRANKA, Grávita, Isabel Sierra, Studio Animal, Summa ou XOXO figuran entre os pratos fortes desta edición.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade