Cargando resultados...
O piragüismo galego mantén o ton ante a primeria proba internacional de 2023
Foi no selectivo de Trasona para a Copa do Mundo en Hungría
G24.gal
13/04/2023 13:47
Última actualización 13/04/2023 13:52
Os padexeiros galegos que estarán na Copa do Mundo de Hungría a principios de maio manteñen o ton. No selectivo en Trasona, o K-4 feminino con Teresa Portela e Carolina García superou o exame sen problemas.
Germade e Arévalo cumpriron os prognósticos con Cooper e Craviotto. Na canoa competían as Antías. Antia Jácome e a madrileña María Corbera dominaron o C2 500 metros, por diante de Antía Otero e a mallorquina María Moreno. En Hungría tamén estarán Manuel Fontán e Pablo Graña.