Publicador de contidos

Publicador de contidos

Lucas Vázquez: "Son e serei sempre Lucas Vázquez, canteirán do Real Madrid"

Lucas Vázquez: "Son e serei sempre Lucas Vázquez, canteirán do Real Madrid"

Lembrou tamén con agarimo os seus comezos no fútbol co seu irmán en Curtis

G24.gal 17/07/2025 14:42 Última actualización 17/07/2025 14:58

Lucas Vázquez resaltou durante a súa despedida do Real Madrid que marcha "coa conciencia tranquila", consciente de que deu "todo o que tiña dentro", tras cumprir o soño da súa vida e coa convicción de que o club seguirá "sempre" nel: non é un adeus senón un "ata logo".

"Vou tranquilo, coa conciencia tranquila, sabendo que dei todo o que tiña dentro. Cumprín o soño da miña vida. E fíxeno no club máis grande do mundo. Non hai maior orgullo. Así que si, vou, pero o Real Madrid seguirá sempre en min. Porque isto non é un adeus, é un ata pronto. Porque aquí fun feliz, porque aquí son feliz, porque eu son e serei sempre Lucas Vázquez, canteirán do Real Madrid", dixo.

"Cheguei aquí cun soño. Grazas a este club, cumprino con fartura. Tiven o privilexio de defender este escudo durante moitos anos, compartir vestiario con lendas, de levantar títulos e de vivir noites inesquecibles. Pero, sobre todo, fun feliz, moi feliz. Sempre tentei dar o mellor de min, en cada adestramento, en cada partido, en cada minuto. Traballei para mellorar, para axudar os meus compañeiros, para estar sempre preparado. Sentinme valorado, respectado e querido. E iso é algo que me leva comigo para sempre", manifestou no seu discurso.

Lucas quixo empezar cun agradecemento á afección polo seu "agarimo constante", o seu "respecto" e "por cada aplauso, cada ovación e cada xesto de apoio", opinando que lle fixeron sentir "parte de algo eterno".

"Hoxe sei que me toca dicir adeus, pero non o vou a dicir porque ao Real Madrid, ao meu Real Madrid, nunca lle direi adeus".

Lembrou tamén con agarimo os seus comezos co seu irmán en Curtis, e tivo palabras de agradecemento para os seus pais e a súa muller.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade