Publicador de contidos

Publicador de contidos

O rosa será a cor da terceira camiseta do Celta e a segunda das Celtas

O rosa será a cor da terceira camiseta do Celta e a segunda das Celtas

Segundo o Celta: "Esta nova pel foi deseñada pensando nos grandes retos que nos esperan esta tempada"

Foto Celta
G24.gal 17/07/2025 13:46 Última actualización 17/07/2025 13:52

O rosa é o elixido para o terceiro equipamento do equipo vigués na tempada 2025/2026, na que disputará tres competicións ao clasificarse para a Europa League e sumar a Liga e Copa. Os novos deseños mostráronse nunha pequena parte nos vídeos publicados este mércores nos que os futbolistas Sergio Carreira e Ana Toubes a portaban con chaquetas por encima, anunciando xa que este 17 de xullo era a data elixida para ensinalas.

O club destaca que este equipamento alternativo constitúe un atrevido e elegante deseño en rosa con detalles en azul celeste, incluído o escudo, que teñen como resultado unha camiseta vibrante que reflicte o espírito valente e renovado do equipo para unha campaña que promete emocións fortes".

Engaden que "esta nova pel foi deseñada pensando nos grandes retos que nos esperan esta tempada, converténdose no terceiro equipamento para o primeiro equipo masculino e a segunda para As Celtas".

A Ana Toubes e Sergio Carreira, que xa aparecían nos vídeos previos, súmase como modelo Damián Rodríguez. Os tres, apunta o club "encarnan a División Antipostureo, unha unidade ficticia da Policía do Flipe especializada en infiltrarse nas redes sociais e combater o exceso de pose nas Rías Baixas". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos