Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PIB da zona euro creceu un 3,5 % en 2022 e afástase da recesión

O PIB da zona euro creceu un 3,5 % en 2022 e afástase da recesión

No conxunto da Unión Europea o PIB subiu un 3,6 % en 2022 e mantívose estable no últimos tres meses do ano

G24.gal 31/01/2023 11:09

O produto interior bruto da zona do euro creceu un 3,5 % en todo o 2022 e un 0,1 % no cuarto trimestre dese ano, un avance maior do previsto polas institucións comunitarias e que afasta a posibilidade dunha recesión este mesmo inverno, segundo a primeira estimación preliminar difundida hoxe por Eurostat.

No conxunto da Unión Europea, o PIB subiu un 3,6 % en 2022 e mantívose estable nos últimos tres meses do ano, tamén por encima do esperado en ambos os casos, segundo as cifras da oficina de estatística comunitaria. A economía española rexistrou a terceira maior taxa de crecemento na UE entre outubro e decembro, cun 0,2 %, a mesma que Portugal e só por detrás de Irlanda (3,5 %) e Letonia (0,3 %), entre os países para os que Eurostat xa dispón de datos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade