Publicador de contidos

Publicador de contidos

O pesadelo de vivir con filtracións de auga nas vivendas que mercaron á Sareb

O pesadelo de vivir con filtracións de auga nas vivendas que mercaron á Sareb

Denuncian estragos nas vivendas 

Séntense enganados e esixen solucións  

G24.gal 10/02/2026 13:57

Veciños de Vigo están fartos de loitar contra os estragos das súas vivendas. Mercáronllas á Sareb aparentemente en perfectas condicións, pero cando entraron vivir nelas comezaron os problemas. Foi só o principio da complicada situación coa que conviven a diario con filtracións de auga e outros danos que converten o día a día nun pesadelo.

Os veciños deste inmoble vigués situado na confluencia das rúas Aragón e Bailén aseguran que hai impermeabilizacións en mal estado e que lles entregaron o edificio en mal estado. A Sareb non lles dá solucións e séntense enganados e estafados.

Un dos afectados, Alfonso Cancela, di que a situación é surrealista. Explica que a Sareb se ampara en que son zonas comunitarias e polo tanto non lle corresponde o arranxo. Os veciños din que o entenderían se levaran dez anos vivindo alí sporén as vivendas tiñan que ser entregadas en perfecto estado e non foi así.

Os afectados están desamparados. Din que non teñen a quen recorrer e o ente público Sareb non reponde as súas queixas. Estan desesperados. Explican que fixeron un grande esforzo para mercaren unhas casas en que agora non poden estar con auga entrando polos salóns e os dormitorios. 

Esixen solucións e alertan de que algunhas vivendas deste inmoble, que o Goberno pretende destinar a alugueiros accesibles,  sofren inundacións que tamén afectan os seus fogares. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade