Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os barcos do cerco volven o luns ao mar tras o paro parcial

Os barcos do cerco volven o luns ao mar tras o paro parcial

O peixe chega aos mercados tras da volta dos barcos ao mar

G24.gal 25/03/2022 15:01

Cantidade e variedade de peixes e mariscos. Os mercados comezan a recuperar a normalidade perdida nos últimos días tras o amarre da frota.

Con todo, unha parte decidiu seguir amarrada a porto. É o caso dalgúns barcos de baixura da Coruña ou Bueu. Ata hoxe tamén seguían en terra os pescadores do cerco de Galicia e do Cantábrico noroeste, pero tamén eles volven ao mar o luns.

A decisión adoptouse en asemblea por parte de Acerga xunto co resto de principais entidades do Cantábrico aglutinadas en Opescantábrico, que agrupa a maioría dos produtores de baixura do Cantábrico (galegos, biscaíños, guipuscoanos e cántabros). 

En declaracións a Europa Press, o portavoz de Acerga, Andrés García, sinalou que as embarcacións que forman parte desta asociación, a principal do cerco en Galicia, xa que conta con 121 cerqueiros, esperan "boas noticias" por parte do transporte e que finalmente quede levantado a partir deste venres na súa totalidade.

As condicións do mercado nótanse nos prezos. O custo do combustible e as dificultades do transporte fan inviable a faena, din desde o cerco.

O sector pesqueiro agarda que se concreten as axudas comprometidas polo Goberno, que se adían ata a próxima semana.

Portos de Galicia non lle cobrará as taxas portuarias durante os dous próximos meses á frota pesqueira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade