O Parrulo cae ante o Xaén nun polémico e quente partido (4-5)
Partido moi quente con polémica na pista e tamén nos vestiarios. O adestrador local Gerard Casas cualifica o choque como "o maior roubo sufrido na miña carreira"
O xerente do Parrulo Sergio Saavedra acusa de agresión o presidente do Xaén
Derrota do Parrulo na Malata ante o Xaén no primeiro partido do 2026 para o cadro departamental. Partido marcado pola polémica e pola tensión, non soamente na pista, xa que houbo una liorta no túnel de vestiarios no descanso que podería non rematar co fin do partido.
O que se viu sobre o parqué foi un inicio de choque frenético, con moitas alternativas, onde mandaba o Parrulo 4-2 grazas os tantos de Penezio, Gonzalo, David Novoa e Power en propia porta. Pero a dinámica do partido trocaría tras a expulsión de Gonzalo Santa Cruz por dobre amoestación, aínda na primeira metade. A inferioridade numérica local foi aproveitada por Dani Zurdo para reducir diferenzas e chegar o descanso co 4-3 favorable os locais.
No descanso a tensión da pista trasladouse ós vestiarios cunha liorta na que estaban inmersos o xerente do equipo ferrolán Sergio Saavedra e diferentes membros da expedición andaluza, incluídos o seu presidente e compoñentes do corpo técnico. O directivo ferrolán anunciou ao remate do partido a súa intención de denunciar á Policía unha agresión recibida nesa lea.
Na segunda metade o Parrulo tentou resistir, pero Eloy Rojas e João, este último cun dobre penalti a pouco máis dun minuto para o final, voltearon o marcador e levaron os tres puntos para terras andaluzas.