Publicador de contidos

Publicador de contidos

O parque móbil de Ourense é o máis antigo de España

O parque móbil de Ourense é o máis antigo de España

A antigüidade media dos vehículos da provincia é de 17 anos, tres máis ca a media española

O ano pasado tan só renovaron o seu coche 2.500 cidadáns, e moitos dos que dan este paso fano no mercado de segunda man

G24.gal 16/01/2023 14:31

Un de cada dez coches que circulan polas estradas de Ourense teñen máis de 30 anos de antigüidade. A provincia ten o parque móbil máis antigo de España. "O meu é vello ten case dez anos", di un cidadán, outra di que o seu ten "14 anos", ao que lle gaña un terceiro que di "é do 2004, así que 18".

A antigüidade media dos vehículos da provincia é de 17 anos e todo apunta a que esta tendencia non vai mudar. "O coche que teño non me falla, mentres vaia ben non teño necesidade de cambialo", asegura un cidadán e outro engade que "non é unha cousa que estea pensando".

O ano pasado tan só renovaron o seu coche 2.500 cidadáns. E moitos dos que dan este paso fano no mercado de segunda man. "Co cambio de enerxía nos vehículos un non sabe que coche mercar", quéixase un cidadán, outra di que "non hai presuposto" e unha terceira pensa que "os coches novos "son moi caros". 

Alóngase a vida útil dos coches e isto nótase nos talleres. "Non hai moita oferta de vehículos no mercado, a xente repara", explica Diego Gallego, dono dos talleres Aníbal Gallego.

Aumenta a antigüidade dos coches e con ela a sinistralidade nas estradas. Son menos seguros e máis contaminantes, por iso a maioría, preto de 84.000, non poderán acceder ás zonas de baixas emisións que desde este mesmo ano se implantan nas cidades de máis de 50.000 habitantes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade