Cargando resultados...
O papa mantense "estable" e recibindo "altos fluxos" de osíxeno
Na noite deste martes retomará a ventilación mecánica non invasiva

G24.gal
04/03/2025 19:12
Última actualización 04/03/2025 23:30
As condicións clínicas do papa Francisco mantivéronse "estables" este martes, no seu décimo noveno día ingresado no hospital Gemelli de Roma, tras as dúas crises de insuficiencia respiratoria da véspera.
"Na xornada de hoxe as condicións clínicas do Santo Padre mantivéronse estables. Non presentou episodios de insuficiencia respiratoria nin broncoespasmo", informou a Santa Sé no seu boletín diario.
O pontífice, con todo, segue recibindo "altos fluxos" de osíxeno e esta noite retomará a ventilación mecánica non invasiva.