Publicador de contidos

Publicador de contidos

Nove empresarios españois, atrapados en Libia entre o fogo cruzado das milicias

Nove empresarios españois, atrapados en Libia entre o fogo cruzado das milicias

Agardan nun hotel para poder saír do país

A embaixada española mantén contacto co grupo e prestará asistencia para a súa evacuación

Soldados en Trípoli. REUTERS. Ayman al-Sahili.
G24.gal 14/05/2025 15:50

Un grupo de cidadáns españois permanece atrapado en Trípoli debido aos enfrontamentos entre milicias. Entre eles atópanse nove empresarios que viaxaran co apoio da Cámara de Comercio de Tarragona e que actualmente están refuxiados nun hotel da capital.

Segundo fontes do Ministerio, a Embaixada española mantén contacto co grupo e prevé reunirse con eles tan pronto como as condicións de seguridade o permitan. Exteriores comprometeuse a facilitarlles a saída do país se así o desexan.

A través da súa páxina web, Exteriores lembra que, malia unha certa estabilización tras o alto o fogo, os combates entre grupos armados seguen a ser frecuentes en gran parte do territorio. Esta violencia afecta tanto á poboación local como aos estranxeiros e non se espera unha mellora inmediata.

O Ministerio de Asuntos Exteriores advertiu este martes do “risco extremo” que supón viaxar a Libia e recomendou evitar desprazamentos a este país, incluída a súa capital, Trípoli. A situación de inestabilidade, marcada pola presenza de milicias e grupos armados, segue a ser grave malia o alto o fogo de 2020.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade