O papa Francisco avoga en Fátima por unha igrexa de "portas abertas"
"Unha nai ten o corazón aberto para todos os seus fillos, todos, todos, todos, sen exclusión"
O papa Francisco avogou, desde a capela das aparicións do Santuario de Fátima, por unha Igrexa de "portas abertas" onde "todos poidan entrar", porque "unha nai ten o corazón aberto para todos os seus fillos, todos, todos, todos, sen exclusión".
Chegou en papamóbil e foi recibido por unhas 200.000 persoas, a maioría fieis de Portugal. Tras rezar o rosario xunto a seis reclusos de cárceres lusas e un grupo de xente nova con doenzas, improvisou un discurso en español centrado na figura da Virxe.
O bispo de Leiria-Fátima, José Ornelas, expresou a súa "profunda alegría" pola presenza do pontífice, por segunda vez, en Fátima e uniuse á súa oración "pola paz".
Despois de tres horas en Fátima, o Papa regresou a Lisboa, para participar na vixilia da Xornada Mundial da Xuventude onde se agardan máis de medio millón de fieis.